O BNG levará a pleno o estado do río Bolaños
O río, que cruza o centro de Arteixo, evidencia o desinterese do goberno do PP polo coidado da natureza.
O BNG de Arteixo preguntará no pleno ordinario de marzo sobre o estado do río Bolaños, que cruza o núcleo municipal de Arteixo. Con só un paseo pola beira do río Bolaños pódese observar a falta de hixiene e o perigo que podo ocasionar para a veciñanza.
No río pódense ver os residuos que saen polas alcantarillas ou polas propias tuberías cando están rotas. Ademais, atópanse cabos da luz á vista e derrubamentos de terra nas beiras do río, que son un perigo para os transeúntes.
Desde o BNG denunciamos a desidia do goberno do PP de Calvelo, culpable desta falta de hixiene e limpeza. Este lugar cheo de vida para Arteixo está abandonado, como ocorre con outros espazos de lecer. De feito, tamén denunciamos hai uns días o estado do parque do Seixedo. En resumo, existe unha falta de compromiso deste goberno con Arteixo e os seus veciños e veciñas.