CANDIDATURA

Xurxo Couto defende o “orgullo, mocidade, economía e servizos” como os eixos do BNG de Arteixo

candidatura BNG Arteixo
candidatura BNG Arteixo

Xurxo Couto, ademais de defender o "orgullo, mocidade, economía e servizos" como os catro eixos do BNG de Arteixo, incidiu durante a presentación da candidatura nacionalista que a formación política foi, “neste último mandato, o BNG das propostas. A partir do 28 de maio, o BNG será o da acción e das realidades”

Xurxo Couto defende o “orgullo, mocidade, economía e servizos” como os eixos do BNG de Arteixo

O Balneario de Arteixo ateigouse de xente para coñecer ás persoas que concorren polo BNG ás próximas eleccións. Unha candidatura “chea de ilusión, de ganas, de forza e que sa sae a por todas para cambiar as dinámicas do noso concello”, afirmou Xurxo Couto, cabeza de lista do BNG en Arteixo. Na súa intervención explicou os catro eixos da formación nacionalista para Arteixo: “orgullo, mocidade, economía e servizos”.

Couto incidiu na necesidade de que Arteixo teña un goberno local que “defenda á veciñanza dos tempos que están por chegar” e mencionou, entre outros asuntos, os parques eólicos. Asemade, o alcaldable nacionalista recordou que no municipio rexen unhas normas subsidiarias “do 95, cando Arteixo tiña 18.000 habitantes. Hoxe rondamos os 33.500, case o dobre. Non fai falla moito, para darse conta de que non se xestiona nin se administra igual un territorio co dobre de poboación”.

“Hai moito por facer nun concello en continuo avance e que presenta uns exercicios orzamentarios de case 70 millóns de euros e que non é capaz de darlle á veciñanza máis que o 40% do que promete”. Nesta liña, Couto concluíu a súa intervención destacando que “o BNG, neste último mandato, foi o BNG das propostas. A partir do 28 de maio, o BNG será o da acción e das realidades”.

Ademais de Couto, interviñeron no acto Loly Rega, número 3 da lista do BNG de Arteixo, e Evencio Ferrero, alcalde de Carballo. Tamén estiveron presentes os candidatos da formación nacionalista na comarca coruñesa.

Acto28AbrilBNGArteixo
Acto de presentación da candidatura do BNG de Arteixo
CANDIDATURA BALNEARIO
Xurxo Couto e as e os candidatos do BNG de Arteixo

 

CANDIDATURA DO BNG DE ARTEIXO

  1. Xosé Xurxo Couto Rodríguez

  2. Raúl José Fernández Iglesias

  3. María Dolores Rega Nión

  4. Juan Carlos López Oliveira

  5. Sonia Gómez Castro

  6. Xoán Carlos Martínez Montes

  7. Lara Vieites Corredoira

  8. Juan José Anido Lista

  9. Verónica Rozamontes Suárez

  10. Jesús Alberto Abeleira García

  11. Tamara López Cotelo

  12. Javier Gabín Calvo

  13. María Dolores Castro Veira

  14. Ramón Vieites Vieites

  15. Marisa Gabriela López Schmidt

  16. Sergio Mañana Rodríguez

  17. Rosa María Gómez Amigo

  18. Carlos López Cotelo

  19. Paula María Gutiérrez Álvarez

  20. Xan Antón Sánchez Vázquez

  21. María Mato Seijas

 

Suplentes

  1. Jesús Hermelo Sotelo

  2. María Belén Naya Montes

Xurxo Couto defende o “orgullo, mocidade, economía e servizos” como os eixos do BNG de Arteixo