O BNG reclama que se rematen as obras en Pastoriza das rúas Félix Rodríguez de la Fuente e Jacques Cousteau

03_Pastoriza
Pastoriza

Non só é necesario adecentar os xogos infantís, senón que é “urxente” asfaltar a vía e regular o tráfico, sobre todo no tramo máis próximo á AC-552 porque é un caos a nivel do tráfico”, explica Xurxo Couto, candidato do BNG de Arteixo

O BNG reclama que se rematen as obras en Pastoriza das rúas Félix Rodríguez de la Fuente e Jacques Cousteau

O BNG de Arteixo reclama que se rematen as obras nas rúas Félix Rodríguez de la Fuente e Jacques Cousteau, en Pastoriza, contratadas en 2022 e que debían ter rematado en sete meses. A actuación leva paralizada “semanas, sen que ninguén traballe para rematalas”, lamenta Xurxo Couto, candidato do BNG de Arteixo. Os traballos en cuestións consisten en adecentar os xogos infantís e de exercicios de maiores, ademais de rematar a calzada e reordenar o tráfico con nova sinalización.

“Estas obras son moi necesarias e cada vez faise máis urxente que se remate a zona dos xogos infantís e a de exercicios para maiores”, incide Couto. Na mesma liña, recorda a importancia de “asfaltar a rúa, arteria que une a AC-415 e a AC-552” e poñer en marcha a regularización do tráfico nas rúas Félix Rodríguez de la Fuente, Jacques Cousteau e Rexidoiro. “Exiximos que se inicien canto antes as obras no tramo máis próximo á AC-552 pois é un caos a nivel de tráfico e limpeza viaria”.

Para evitar “parches” coma estes e lograr que o concello “medre de forma ordenada para evitar así os problemas futuros é moi necesario que se tramite a aprobe un plan xeral de ordenación municipal”.

04_Pastoriza
Pastoriza
02_Pastoriza
Pastoriza
O BNG reclama que se rematen as obras en Pastoriza das rúas Félix Rodríguez de la Fuente e Jacques Cousteau