O BNG denuncia a recollida de sinaturas para unha obra en Sisalde por parte de particulares en nome do Concello de Arteixo

O BNG denuncia que particulares recollan sinaturas para unha suposta obra do Concello de Arteixo en Sisalde.
O BNG denuncia que particulares recollan sinaturas para unha suposta obra do Concello de Arteixo en Sisalde.

Os documentos que dan para asinar, con datos de carácter persoal, lévanos con eles, entregando outro á persoa no que se di que a cesión é con “carácter permanente”, sen acreditarse a titularidade da propiedade.

O BNG denuncia a recollida de sinaturas para unha obra en Sisalde por parte de particulares en nome do Concello de Arteixo

O BNG de Arteixo tivo coñecemento por veciñas e veciños de que a presidenta dunha asociación de veciños e veciñas, acompañada doutras persoas que nin sequera se identifican, están visitando a supostos propietarios e propietarias de terreos en Sisalde cun documento para que asinen. Logo, facilítaselles unha copia supostamente igual, mais sen ningunha sinatura nin acreditación de que se trata do mesmo documento, co selo do Concello de Arteixo e con datos de carácter persoal cunha suposta cesión de terreos para unhas obras. No documento dise literalmente “que reunido o alcalde como promotor das obras e o propietario con nome e apelidos, documento de indentidade e a idenficación da parcela…” .

É un escándalo que o goberno local mande a persoas alleas á función pública ás casas de particulares a recoller sinaturas tendo datos de carácter persoal e con documentos oficiais que deberían ser asinados diante de funcionarios públicos. “Desde o BNG consideramos de suma gravidade o que está acontecendo e pedimos que se aclare e paralice este atropelo”, sinala o concelleiro Xurxo Couto. “Tamén se lle entregou o documentación a xente que non ten terreos na contorna, pretendíase que asinase xente que non é propietaria e entregouse documentación de xente falecida hai anos e pedíase igual a sinatura de quen estaba na vivenda”, explica Couto segundo as informacións recibidas por parte da veciñanza.

O BNG solicitará por escrito toda esta documentación así como un informe xurídico para que se expliquen as consecuencias de que os datos persoais de veciñas e veciños estean en mans de particulares que non son funcionarios da administración. Tamén pola falsidade de entregar un documento que non está asinado pola alcaldía pero si con papel supostamente oficial e no que expresamente se indica que o alcalde reunido cos propietarios asinan unha cesión.

En caso de facer algunha actuación, o normal é que o Concello informe aos propietarios e que os notifiquen oficialmente. Estes asinarían a cesión, se así o consideran, nun acto oficial e en presenza tanto do responsábel político como dun funcionario público, ao tratarse de documentación oficial.

O BNG tamén pedirá explicacións sobre o carácter da actuación en cuestión, pois á veciñanza estáselle dando información contraditoria. Por un lado, díselles que é para unha limpeza e, polo outro, que van restaurar muíños. Todo isto segundo lle indicaron ao BNG algún veciños que recibiron a dita visita na súa vivenda.

 

O BNG denuncia a recollida de sinaturas para unha obra en Sisalde por parte de particulares en nome do Concello de Arteixo