Nova xuntanza do comité de seguimento da COVID-19 en Arteixo

Xuntanza comité de seguimento da COVID-19 en Arteixo
Xuntanza comité de seguimento da COVID-19 en Arteixo
Nova xuntanza do comité de seguimento da COVID-19 en Arteixo

O BNG participou onte luns 27 de abril nunha nova reunión do Comité de Seguimento da COVID-19 en Arteixo. Na xuntanza tratáronse os seguintes temas:

  • A respecto da publicación das bases de axudas a persoas autónomas de Arteixo, que xa se poden consultar no BOP, retrásase o prazo de solicitude, pois houbo que realizar un trámite no rexistro de subvencións. Isto é importante porque se as solicitudes chegan antes, habería que rexeitalas, enviando unha comunicación para subsanación. Deste xeito, pasarían a ser as últimas na orde de tramitación.
  • Para todas as persoas que precisen usar o rexistro municipal, poden enviar correos electrónicos a [email protected].
  • O xefe da Policía Local informou sobre o primeiro día de permiso (domingo 26 de abril) de saída dun dos proxenitores cos fillos e fillas menores de 14 anos en Arteixo.  O responsable comentou que foi un día de normalidade e que a policía se limitou a avisar e non denunciar. A Policía Local seguirá vixiando que se cumpran as medidas.
  • As mascarillas do Concello de Arteixo proceden dunha compra conxunta entre 11 concellos da zona e o seu custo foi de 0,50 euros a unidade.
  • A prórroga do Servizo de Axuda no Fogar foi notificada. Tamén haberá prórroga no contrato da empresa da gardería. As persoas traballadoras están actualmente a cobrar o soldo do Concello, algo que non ocorre na piscina, onde a empresa xa presentara un ERTE sen comunicar ao Concello.
  • Mantense o persoal de Servizos Sociais e prevese incorporar novas persoas.
  • Normalidade na recollida de lixo. Está previsto facer un modificado de crédito para incorporar, baixo a modalidade de renting, un camión de carga traseira.
  • O Punto Limpo de Arteixo abre os mércores. Ademais, o persoal de recollida de lixo vai dando conta dos residuos destinados a este punto e logo pasan a recollelos.
  • As licencias de obra concédense con normalidade.

Finalmente, desde o BNG de Arteixo, lembramos na xuntanza que a Xunta de Galicia non está tomando ningunha medida ao respecto do impacto económico desta crise.

 

 

Nova xuntanza do comité de seguimento da COVID-19 en Arteixo