O BNG lamenta que non se completa a rede de saneamento no Rañal aproveitando as obras de apertura do paseo fluvial

paseo Rañal
paseo Rañal

Desde o BNG solicitaron, ao igual que a veciñanza en multitude de ocasións, que se fixese esta obra para dotar de saneamento todo o núcleo do Rañal

O BNG lamenta que non se completa a rede de saneamento no Rañal aproveitando as obras de apertura do paseo fluvial

Arteixo, 17 de xaneiro de 2023.- Desde o BNG de Arteixo valoran positivamente que as obras para facer o tramo do paseo que faltaba sexa unha realidade mais critican que non sei tiveran en conta as reivindicacións para dotar de sanemanto ás casas que quedan nesa zona e que a día de hoxe aínda non contan cun servizo esencial " desde o BNG xa reclamamos en varias ocasións que se tivesen en conta as peticións da veciñanza, sabemos que as propietarias e propietarios tamén o solicitaron mais non houbo resposta en positivo" informan desde o BNG.

 

A obra que se acaba de adxudicar por un importe de 411.087,06 foi solicitada con cargo o plan de obras e servizos da Deputación da Coruña no ano 2019 polo que o concello tivo tempo antes e despois de poder realizar os cambios no proxecto que garantizasen esa obra tan necesaria e demandada pola veciñanza. O

 

O portavoz do BNG afirma " que se quixesen poderían ter cumprido a solicitude, no proxecto inicial que presentaron en 2019 xa non se contemplaba mais poideron mentras non se realizaban todos os trámites realizalo. A veciñanza afectada está a pagar os impostos correspondentes mais é evidente que non se lles están dando os servizos que corresponden".

O BNG lamenta que non se completa a rede de saneamento no Rañal aproveitando as obras de apertura do paseo fluvial