“QUEREMOS UN RURAL ATENDIDO E COIDADO ONDE A XENTE POIDA CIRCULAR E CAMIÑAR CON SEGURIDADE”

O BNG de Arteixo solicita melloras na estrada que vai desde Chamín até Sorrizo

sorrizo 3
sorrizo 3

 

Desde o BNG queren poñer en valor a necesidade de atender e investir no no rural Arteixán e convertelo as aldeas en espazos seguros e con servizos de calidade.

O BNG de Arteixo solicita melloras na estrada que vai desde Chamín até Sorrizo

Arteixo, 8 de febreiro de 2023.- O Grupo Municipal do BNG solicita que se fagan obras de mellora e de mantenimento nesta estrada local que une a parroquia de Chamín coa de Sorrizo e que está nun estado perigoso para o tráfico.

 

Desde o BNG destacan o nulo mantenimento que hai en moitas das zonas rurais do Concello, en moitos casos son estradas moi estreitas cun pintado moi deficiente, con abundante vexetación que invade a estrada o que as fai moi perigosas e cun pésimo asfaltado.

 

Esta estrada que é moi utilizada por veciñas e veciños que van desde Chamín até Sorrizo pasando por diante das Covadas e permite comunicar co porto, co Igrexario, co Moucho e saír a estrada que vai até Caión, “

consideramos que é urxente facer estes amaños que no inverno, con choiva e pouca luz aínda se fan máis urxentes” indica Xurxo Couto, portavoz do BNG en Arteixo

 

Desde o BNG tamén fan unha chamada de atención ao concello para que atenda a reclamación da veciñanza e atenda o rural de Arteixo en condicións “son moitas as queixas que recibimos desde os núcleos rurais, por problemas de falta de limpeza, de arranxo de pistas, iluminación e pintado de estradas, ou abrir os centros sociais para o esparexemento das veciñas e veciños”

O BNG de Arteixo solicita melloras na estrada que vai desde Chamín até Sorrizo