Presenta as alegacións do BNG de Arteixo ao proxecto de Liñas de Alta Tensión de Monteagudo
O proxecto da infraestrutura de evacuación do parque eólico Monteagudo, que inclúe a instalación de liñas de alta tensión, afecta aos municipios de Carballo, A Laracha e Arteixo.
Nos informes fálase de interese xeral pero en ningún caso se comenta a perda de valor de mercado das propiedades ao redor das LAT e NUNCA SE MENCIONA O LUCRO DAS EMPRESAS PRODUTORAS DE ENERXÍA que, como indican todos os estudos é o verdadeiro obxectivo da creación de ditos parques e as LAT de evacuación.
O BNG vai presentar as seguintes alegacións e insta á veciñanza a facer o mesmo para a protección do territorio, dos nosos recusos, do patrimonio e do medio ambiente.
O vindeiro xoves, 1 de setembro, remata o prazo para poder presentar alegacións sobre a instalación do parque e as liñas de alta tensión no noso municipio. As alegacións poden facerse de xeito telemático ou presencial, nun rexistro da Administración.
Tamén che interesa: