Bens afectados polo proxecto de Liñas de Alta Tensión de Arteixo
O prazo de alegacións remata o 1 de setembro
18 ago. 2022 - 10:38
O proxecto da infraestrutura de evacuación do parque eólico Monteagudo, nos municipios de Carballo, A Laracha e Arteixo está actualmente en período de información pública. O prazo de alegacións remata o 1 de setembro. Desde o BNG presentaranse alegacións, que se subirán á web e redes sociais para que a veciñanza as poida presentar.
Consulta os bens afectados:
Listado de bens afectados pola modificación do proxecto das Liñas de Alta Tensión en Arteixo.
Nesta ligazón da Consellaría de Economía, Industria e Innovación podes ver todos os documentos relacionados co procedemento.