O BNG denuncia a inacción de Calvelo para protexer Barrañán
O BNG volve denunciar a situación medioambiental na ría de Barrañán, un dos enclaves naturais por excelencia de Arteixo. Así mesmo, tamén denuncia a inacción do goberno do PP de Calvelo para reverter esta situación.
Arteixo presume de 8 bandeiras azuis, segundo coñecemos onte, e ao mesmo tempo conta coa única zona vetada ao baño da comarca. Un ano máis, e leva ocorrendo desde 2016, na ría de Barrañán está prohibido bañarse debido a fecais e puríns. Xa van seis anos e o goberno do PP non fixo nada para evitar esta situación. “A deixadez do alcalde e do concelleiro de Medio Ambiente vese claramente cando non se reparou en todos estes anos”, comenta Xurxo Couto, voceiro no BNG en Arteixo.
Barrañán é un enclave único, unha zona húmida na que mesmo a Xunta traballou nun plan de recuperación de aves. O BNG considera que se debería potenciar este enclave natural, tanto medioambiental como turisticamente, e así o levou no seu pasado programa electoral para conseguir un mellor Arteixo para vivir, para facer fronte a que sexa un dos concellos máis industrializados. Os nacionalistas consideran urxentes medidas para protexer a flora e fauna, ademais de poñer en valor o complexo dunar de Barrañán.
Noticia de 2021: