O BNG de Arteixo esixe unha solución urxente ao aparcamento de camións no Rañal

O BNG leva solicitando durante meses un aparcamento para os camións, tanto para a seguridade viaria como o descanso dos traballadores.
O BNG leva solicitando durante meses un aparcamento para os camións, tanto para a seguridade viaria como o descanso dos traballadores.

Os nacionalistas piden que se habilite canto antes o aparcamento prometido en Morás.

O BNG de Arteixo esixe unha solución urxente ao aparcamento de camións no Rañal

O BNG de Arteixo leva demandando desde maio unha solución aos problemas de estacionamento no polígono de Sabón, que afectan tanto á veciñanza do Rañal, como é no caso de danos nas súas vivendas ou inseguridade viaria, como ás propias condicións de descanso dos traballadores.

Esta semana os veciños e veciñas atopáronse un muro dunha finca caído, con pegadas de vehículo de gran tonelaxe, polo que todo indica a que foi debido a unha manobra dun camión.

Os nacionalistas conseguiron que o pasado outubro o goberno do PP se comprometera a poñer a solución. Tras meses de esforzo e continuas demandas, o alcalde Carlos Calvelo dixo que en breve estaría habilitado un aparcamento alternativo en Morás, pois só faltaba a acometida eléctrica. Porén, catro meses despois segue sen estar operativo. “Entendemos que o Concello non pon o interese nin medios necesarios para solucionar o problema que está afectando á veciñanza do Rañal”, afirma Xurxo Couto.

O BNG de Arteixo volverá a preguntar sobre o tema na xunta de portavoces e no pleno de febreiro porque a veciñanza do Rañal e os camioneiros precisan dunha solución urxente.

 

O BNG de Arteixo esixe unha solución urxente ao aparcamento de camións no Rañal