Aprobada a moción do BNG para mitigar a inflación

Aprobada a moción do BNG para mitigar a inflación na sociedade
Aprobada a moción do BNG para mitigar a inflación na sociedade

O goberno do PP votou a favor mentres que o PSOE votou en contra.

Aprobada a moción do BNG para mitigar a inflación

O pleno de marzo de Arteixo aprobou unha moción relativa ás actuacións que deben impulsar os gobernos galego e central para mitigar o impacto do crecemento disparado da inflación na sociedade e economía galegas. Entre os acordos aprobados polos nacionalistas atópanse a demanda ao goberno central da intervención inmediata no sector enerxético para controlar os prezos da electricidade e do gas, así como impulsar unha tarifa eléctrica galega. Ademais, a petición da baixada o IVE a alimentos básicos, produtos do mar, hixiene persoal e feminina e transporte público.

Esta moción foi aprobada cos votos a favor do BNG, do PP e do concelleiro non adscrito, mentres que o PSOE votou en contra. “Vemos incomprensible este voto do PSOE, un partido supostamente de esquerdas votando en contra desta intervención das enerxéticas e outras medidas realmente disuasorias para combater a inflación”, sinala Xurxo Couto, concelleiro do BNG. “Nós pedimos medidas extraordinarias para momentos extraordinarias como permite, ademais, a Constitución no seu artigo 128, onde di que ‘toda a riqueza do país nas súas distintas formas e sexa cal fora a súa titularidade está subordinada ao interese xeral’”, engade Couto.

Por outra parte, a moción do BNG en contra da guerra en Ucraína foi institucional, incluíndo modificacións en certos acordos, consensuados entre toda a corporación municipal.

Rogos e preguntas

En canto á quenda de preguntas e rogos, o Concello non ten noticias aínda da canteira de Vilarrodís posto que foi un trámite feito na Xunta. Nas pistas de Laradas, tamén en Vilarrodís, cuxo estado denunciamos hai uns días, xa comezaron a traballar na zona de lecer para a súa posta a punto. Desde o BNG agardan que en breve esta zona teña unha nova imaxe e poida ser utilizada por todos os veciños e veciñas. Outra zona de lecer sobre a que preguntou o BNG foi o parque da rúa Uruguai e o goberno contestou que tamén tomou nota e se está esperando polos materiais para substituír os elementos defectuosos ou rotos.

En canto á pregunta sobre o abandono en Meicende, o goberno dixo que se está a preparar un plan especial para a zona baixa do encoro, recoñecendo que se mellorará o alumeado das distintas rúas tralo barrio do Petón.

Finalmente, os nacionalistas reclamaron xa a semana pasada cambiar o sinal vertical de Repibelo, situado no aparcamento reservado a persoas con discapacidade. Este xa foi rectificado e estase a mirar se hai máis lugares en que suceda o mesmo.

O traballo insistente do BNG de Arteixo logra, nun novo pleno, que o goberno actúe para mellorar a calidade da veciñanza.

 

Aprobada a moción do BNG para mitigar a inflación