MUNICIPAIS MAIO 2023

O BNG creará parques caninos e poñerá en marcha campañas de control de colonias felinas

cat-71494_640

“Fronte as nulas políticas de benestar animal do goberno do PP, nós queremos acondicionar espazos amplos e axeitados para que os cans poidan estar soltos. É importante ter un control sobre as colonias de gatos para evitar unha poboación descontrolada destes animais”, afirma Xurxo Couto, candidato do BNG de Arteixo

O BNG creará parques caninos e poñerá en marcha campañas de control de colonias felinas

“Fronte as nulas políticas de benestar animal do Concello do PP, nós crearemos parques caninos e poñeremos en marcha campañas de control de colonias felinas, se temos responsabilidades do goberno”, afirma Xurxo Couto, candidato do BNG de Arteixo. A formación nacionalista inclúe no seu programa a creación de espazos “amplos e axeitados” para que as persoas que teñen cans poidan desfrutar da compañía destes animais sen necesidade de estar con correa.

Estas áreas, pensadas especialmente para as zonas urbanas de Arteixo, contarán con zona de xogos de axilidade para os cadelos, así como fontes de chan e zona de lavado. “Queremos que sexan lugares cómodos tanto para os donos como para os animais e ofrecer unha alternativa segura e eficaz para que estean soltos”, apunta Couto.

Outras das iniciativas que o BNG de Arteixo quere poñer en marcha é o control das colonias felinas. “Falaremos e teremos en conta as inquedanzas das protectoras para poñer en marcha programas que beneficien a saúde dos gatos e eviten o aumento descontrolado destes animais”, que en ocasións, ata chegan a supoñer un problema para a veciñanza.

O BNG creará parques caninos e poñerá en marcha campañas de control de colonias felinas