O BNG solicita na sesión plenaria de decembro que se adopten medidas de seguridade no encoro de Meicende

encoro de meicende
encoro de meicende

A obra de cambio da varanda que rodea o encoro atópase parada desde hai meses.

O BNG solicita na sesión plenaria de decembro que se adopten medidas de seguridade no encoro de Meicende

Arteixo, 30 de decembro de 2022.- O encoro de Meicende contaba até hai uns meses cunha varanda de madeira en toda a contorna para dar seguridade e protección a todas as persoas que a diario usan a zona como un lugar de paseo e esparcimento. 

Desde hai meses esa varanda atopábase en moi mal estado e en reiteradas ocasións a veciñanza solicitou obras de mellor e de mantenimento. En abril do ano 2021 anunciouse que se ía proceder á retirada da antiga e colocar unha nova dun material máis resistente. A adxudicación fíxose no mes de novembro de 2021 mais a día de hoxe a obra de reposición non está feita e o perigo é evidente, só nalgún tramo hai colocada unha provisional.

No pleno do mes de decembro o BNG preguntou polo estado da obra  e o concello recoñeceu que tivo que voltar licitar a reposición porque a empresa adxudicataria anterior non quería colocar o material que ofertara e polo tanto non cumpriu o asinado. Desde o BNG trasladaron a necesidade de que se adopten medidas provisionais xa que é moita a veciñanza que trasladou a súa preocupación pola situación de inseguridade.

Nestes momentos a obra está de novo en licitación cun incremento de prezo a respecto da adxudicación anterior. O BNG solicitou que se adopten medidas urxentes para evitar perigos e que todo o mundo poida acceder a contorna con total seguridade.

 

 

O BNG solicita na sesión plenaria de decembro que se adopten medidas de seguridade no encoro de Meicende