O BNG de Arteixo demanda melloras para O Rañal

O BNG pide solución urxente ao aparcamento de camións no Rañal.
O BNG pide solución urxente ao aparcamento de camións no Rañal.

Solución urxente ao problema de aparcamento de camións, construción dunha beirarrúa que chegue ata o aparcamento da praia e un centro social.

O BNG de Arteixo demanda melloras para O Rañal

O BNG de Arteixo vai rexistrar unha proposta no Concello a respecto do aparcamento de camións no Rañal e unha solicitude para facer a continuación da beirarrúa para que chegue ata ao aparcamento da praia.

En canto ao problema de aparcamento de camións, o BNG demanda que haxa unha xuntanza urxente coa representación empresarial para procurar unha solución aos graves problemas de aparcamento no Rañal e tamén nas beiravías interiores do polígono, que en moitos casos están ocasionando problemas de visibilidade.

Por outro lado, o BNG solicita tamén que o Concello realice as obras para finalizar a beirarrúa polo Rañal até o aparcamento da praia do Rañal, un tramo de menos de 100 metros que quedou sen executar no seu momento. Os nacionalistas lamentan o retraso de máis de 3 anos na construción da senda que vai até o Rañal polo polígono de Sabón. Están os cartos as disposición do Concello desde finais de 2017 e agora, por fin, adxudicou as obras no mes de marzo. "Xa estamos en maio, que se poñan a traballar xa, que as obras levan retraso suficiente", esixe Xurxo Couto. Outra das actuacións polas que se leva anos agardando no Rañal é a continuación do paseo fluvial até a praia. A obra ten financiamento da Deputación da Coruña grazas ao POS de 2019 pero, a día de hoxe, está sen contratar aínda.

Finalmente, o BNG pide que se habilite un centro social en condicións que lle permita realizar as diferentes actividades á veciñanza, poñendo fin ao uso dunha caseta de obra desde hai xa demasiados anos.

O BNG de Arteixo demanda melloras para O Rañal