A veciñanza de Meicende reclama maior limpeza viaria
21 mar. 2022 - 09:31
A semana pasada o BNG estivo en Meicende nun novo encontro veciñal. O BNG de Arteixo demostrou o seu apoio á veciñanza, posto que considera que Meicende pode mellorar. Estas son algunhas conclusións e necesidades.
- O abandono actual é evidente. A falta de limpeza viaria vese claramente en diversas rúas. Por exemplo a rúa Barcelona, que coincide na mesma zona coas rúas Rosa Chacel con edificios en obra. Tamén a falta de iluminación da rúa Touriñana.
- Os descampados abandonados tamén provocan que animais como xabaríns e ratas sexan veciños habituais, que ata chegan ás rúas e prados de detrás do colexio. A zona do Petón ata o encoro debería estar coidado contra as alimañas e animais.
- Tamén se reclaman beirarrúas nas rúas Codeseira ou Montillos; así como na contorna como Montillos, Sobrado ou Borroa.
- Promover, nunha zona tan castigada como Meicende, zonas verdes e de lecer tan descoidadas como a Praza da Constitución.
- Evitar tráfico pesado e perigoso ao paso por Meicende.
- Molestias polos cheiros reiterados da refinaría.