Sábado 8 de maio: Concentración do BNG pola Sanidade en Arteixo
A concentración terá lugar o sábado 8 de maio, ás 12h, na Avenida do Balneario.
O BNG de Arteixo convoca unha concentración pola sanidade pública de Arteixo. O pasado mes de setembro de 2020 o BNG rexistrou unha iniciativa parlamentaria co fin de mellorar a atención nos centros de saúde de Arteixo. A día de hoxe, aínda non se tratou en comisión.
Participarán:
- Raúl Iglesias, concelleiro do BNG de Arteixo
- Mercedes Queixas, deputada do BNG no Parlamento Galego
A concentración dará comezo ás 12h e desenvolverase na Avenida do Balneario de Arteixo. Manteranse as medidas de seguridade pola covid (máscara e distancia física).
Información
O BNG de Arteixo ten denunciado en diferentes ocasión as deficiencias da sanidade local e a falta de investimento por parte da Xunta de Galicia nos tres centros de saúde da localidade.
O pasado mes de setembro, o BNG levou ao Parlamento a situación, pedindo incorporar nos centros de Meicende e Vilarrodís a quenda de tarde (incorporando un médico de tarde e servizo de enfermaría). Tamén engadir unha praza de pediatría para que cada centro teña o seu. O BNG solicitaba, ademais, incorporar as categorías profesionais imprescindibles para formar equipos multidisciplinares e prestar unha atención integral: psicólogos, terapeutas, logopedas, podólogos…
En definitiva, a iniciativa parlamentaria presentada polo BNG instaba á Xunta de Galicia a atender debidamente, conforme a radiografía demográfica ascendente do concello de Arteixo, o coidado da saúde das persoas usuarias.
Máis información nesta nova de setembro de 2020.