Rolda de prensa e concentración contra o proxecto de trazado de alta tensión en Arteixo
Sábado 20 de marzo, ás 12h, na Avenida do Balneario de Arteixo.
19 mar. 2021 - 11:19
O BNG de Arteixo organiza unha rolda de prensa – concentración en contra do proxecto do trazado de alta tensión que prevé cruzar a zona sur de Arteixo. Será o sábado 20 de marzo, ás 12h na Avenida do Balneario de Arteixo.
Na rolda falaremos da situación actual do proxecto e sobre as alegacións a presentar pola veciñanza, unha cuestión urxente pois o prazo de presentación de alegacións remata o vindeiro venres 26 de marzo. Estaremos ao dispor dos veciños e veciñas para informalos sobre o tema.
Participarán:
- Xurxo Couto, concelleiro do BNG de Arteixo
- Mercedes Queixas, deputada do BNG no Parlamento Galego