Presentación da candidatura para as municipais 2019
O BNG de Arteixo presenta o sábado 4 de maio ás 18h a candidatura completa e as principais liñas do programa electoral para as municipais 2019.
30 abr. 2019 - 19:26
O BNG de Arteixo celebra o vindeiro sábado 4 de maio, ás 18h, o acto público de presentación da candidatura completa ás eleccións municipais do 26 de maio de 2019.
No acto presentaremos as 21 persoas que forman parte da lista da candidatura e daremos as principais claves do programa electoral do BNG "Un Arteixo para Vivir (Coas Ideas Claras)".
No acto público intervirán:
- Xurxo Couto Rodríguez, candidato á alcaldía de Arteixo polo BNG
- Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña e candidata á alcaldía de Santiago de Compostela
- Francisco Jorquera, candidato á alcaldía da Coruña
O acto dará comezo ás 18h e terá lugar no Auditorio do Centro de Novas Tecnoloxías (Avenida Arsenio Iglesias, 46, Arteixo).
Contamos contigo!