Presenta as alegacións do BNG de Arteixo ao proxecto do Parque Eólico de Carboeiro
Descarga e presenta as alegacións, nun rexistro da administración presencial ou en liña.
01 xul. 2022 - 18:13
O proxecto do parque eólico de Carboeiro afecta a parte do territorio de Arteixo (así como Culleredo e A Laracha). O BNG vai presentar as seguintes alegacións e insta á veciñanza a facer o mesmo para a protección do territorio.
O vindeiro luns 4 de xullo (incluído) remata o prazo para poder presentar alegacións sobre a instalación do parque eólico no noso municipio. Pode facerse de xeito telemático ou presencial, nun rexistro da Administración.