O PP de Calvelo rexeita todas as propostas feitas polo BNG ao orzamentos de 2023

arteixo
Polígono de Sabón

No pleno de decembro foron debatidas todas as propostas feitas polo BNG e non se aceptou ningunha

Algunhas das propostas foran tratadas en  plenos anteriores e aínda que se aprobaron o PP non ten vontade de cumprilas

 

O PP de Calvelo rexeita todas as propostas feitas polo BNG ao orzamentos de 2023

 Arteixo, 29 de decembro de 2022.- O BNG propuxo obras que consideramos moi necesarias, algunhas das cales vimos reiterando nos últimos meses por consideralas imprescindíbeis e por ser necesidades que se recolleron nas xuntanzas con diferentes colectivos.

A posta en marcha dun aparcamento para camisións que acabe cos problemas  de falta de espazo e de seguridade no polígono de Sabón e no Rañal e que poida ser un lugar que facilite tamén o descanso ás camioneiras e camioneiros , fou unha das propostas do BNG.

Outras das cuestións solicitadas polo BNG foi a necesidade de adoptar medidas medioambientais educativas e de concienciación entre a cidadanía nun concello con problemas importantes de contaminación, de ruídos,dun  incremento das especies invasoras etc.

Outra das solicitudes feitas polo BNG de Arteixo e  que consideramos urxente e importante que  é a construción e ampliación  do  punto limpo que permita un sistema de recollida máis sostíbel. Desde que en  2017  se puxo en andamento o novo sistema de recollida  e xestionado directamente polo concello considerouse a necesidade desta ampliación mais até o día de hoxe nada se fixo. É evidente que se non se realiza esta obra a recollida selectiva non será efectiva .

 Desde o BNG chaman tamén a atención sobre o PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANA  e a minimización da partida destinada á elaboración deste documento. Para o grupo municipal do BNG fica claro que non querer destinar unha partida para que este documento sexa unha realidade é perxudicar á maioría da sociedade de Arteixo. Para nós é unha necesidade a elaboración deste documento se queremos que no rural se poida asentar poboación e ter un crecemento sostíbel e xusto

O BNG fixo tamén propostas concretas en áreas como deportes, patrimonio, promoción turístas e cultura. Ningunha destas foi aceptada co que queda clara a falta de diálogo e de querer escoitar a concelleiras e concelleiros que demostran día a día que escoitan á cidadanía, trasladan as súa propostas e en todo momento temos unha actitude de colaboración. O que demostra o PP con esta actitude é monospreciar constantemente as propostas que trasladan as veciñas e veciños.

Desde o BNG seguiremos reclamando todo aquello que consideremos necesario para mellora a calidade de vida da veciñanza de Arteixo.

 

 

O PP de Calvelo rexeita todas as propostas feitas polo BNG ao orzamentos de 2023