O PP de Arteixo rexeita a moción de mellora dos centros educativos do BNG

O PP comprometeuse en coidar o parque infantil da praza do Santuario en Pastoriza.
O PP comprometeuse en coidar e mellora a seguirdade do parque infantil da praza do Santuario en Pastoriza.
Tamén rexeitou a convocatoria dunha mesa de reactivación da economía local.
O PP de Arteixo rexeita a moción de mellora dos centros educativos do BNG

O BNG de Arteixo levou ao pleno ordinario de setembro unha moción para mellorar a situación dos centros educativos de Arteixo nesta época de covid-19. Na moción pedíase amosar o rexeitamento do protocolo elaborado pola Xunta, ademais de esixirlle a esta a elaboración e financiamento dun plan de limpeza dos colexios. O PP votou en contra da moción, polo que esta non saíu adiante.

Desde o PP de cren que o protocolo da Xunta foi adecuado, fronte á opinión do BNG que cren que as medidas chegarán tarde e que as limpezas non as debe facer o concello porque este non ten o deber de asumir a desinfección.

Relacionado coa volta ao colexio, o BNG preguntou polo reforzó de persoal de limpeza e sobre a organización da volta ao colexio na rúa así como polos horarios escalonados que o PP aseguraba facer. O goberno do PP non respondeu a ningunha das preguntas realizadas polo BNG.

O BNG tamén levou a pleno unha moción para mellorar a atención primaria e aumentar o persoal dos centros de saúde de Arteixo. Esta si foi aprobada por unanimidade.

O BNG presentou un rogo para solicitar a convocatoria dunha Mesa de Reactivación Económica para Arteixo. O goberno do PP votou en contra, considerando que xa a reactivaron coas liñas de axudas. O BNG consideraba que era mellor levar a cabo un plan, no que estaría a mesa, que supuxese un documento director dos pasos a seguir.

Outros rogos e preguntas

O BNG logra, a través dun rogo, que o goberno de Arteixo estude adecentar e limpar o xardín e o parque infantil que hai na praza do Santuario da Pastoriza así como que regulen a velocidade e os aparcamentos nesa zona.

En canto á pregunta sobre a adquisición da pick-up para Protección Civil que non cumpre cos requisitos do prego, o PP contestou que se vai subsanar posto que é de renting, así que ou arranxarán o vehículo entregado ou o cambiarán por outro.

 

 

O PP de Arteixo rexeita a moción de mellora dos centros educativos do BNG