O PP de Arteixo non achega solución para erradicar as especies invasoras

invasoras3
As especies invasoras chegan a espazos protexidos da costa de Arteixo.

Desde o BNG de Arteixo temos claro que hai que actuar para erradicar as especies invasoras que afectan á nosa contorna e espazos naturais.

O PP de Arteixo non achega solución para erradicar as especies invasoras

Desde o BNG de Arteixo, levamos xa dúas mocións ao pleno municipal sobre a actuación con respecto ás especies invasoras como a herba da pampa ou a unlla de gato. A primeira vez xa foi en 2012.

O propio BNG a nivel nacional xa solicitou no Parlamento de Galicia unha partida orzamentaria para erradicar as ditas especies.

A nivel local, os nacionalistas seguimos tratando o tema en máis ocasións nos plenos pero as nosas peticións parecen non escoitarse.

O goberno do PP de Carlos Calvelo non fai nada neste tema medioambiental. É máis, tal e como está cortando as plantas, só consegue que se espallen aínda máis.

Para mostra, estas imaxes. En Arteixo, xa invaden zona de dunas, como na praia de Sabón, pertencente ao espazo LIC Costa da Morte.