O pleno de xaneiro evidenciou a falta de compromiso do PP coa veciñanza de Arteixo

RECURSO-plenoxaneiro
Conclusións do pleno de xaneiro de 2020.
O goberno do PP votou en contra de mellorar a sanidade pública no Concello e en Galiza.
O pleno de xaneiro evidenciou a falta de compromiso do PP coa veciñanza de Arteixo

O pasado xoves 30 de xaneiro celebrouse o pleno ordinario de xaneiro do Concello de Arteixo. Na sesión aprobouse a moción do BNG para instar á creación da área metropolitana da Coruña pero, pola contra, o goberno do PP votou de mellorar a sanidade pública no Concello e en Galiza.

Nun contexto de recortes en recursos e orzamentos no país coa política do PP de Feixóo, en Arteixo non escapamos desta situación. Unha semana para ter cita de atención primaria, tan só un fisioterapeuta e unha odontóloga para 32.000 habitantes, un pediatra compartido en Vilarrodís e Meicende, problemas no servizo de urxencias… Fronte a esta situación, o BNG levou a pleno un conxunto de medidas para mellorar a sanidade no municipio. O PP de Calvelo votou en contra.

No pleno de xaneiro saíu adiante a moción presentada polo BNG de Arteixo para instar a creación da área metropolitana da Coruña. Entendemos a colaboración supramunicipal como unha forma de fortalecer a calidade e extensión dos servizos públicos ofrecidos á cidadanía así como para optimizar os recursos públicos. “Arteixo non pode quedar á marxe do resto dos concellos da área metropolitana da Coruña e, máis cedo ou máis tarde, no pleno da corporación de Arteixo votarase a favor da súa incorporación porque é o futuro ao que hai que tender”, afirmou Xurxo Couto, portavoz do grupo municipal do BNG.

Desde o BNG insistiuse na importancia de dotar con Bacharelato o IES de Pastoriza, co obxectivo de evitar a masificación en Arteixo e os desprazamentos do alumnado. O PP respondeu que están estudando a cuestión. En cambio, non hai ningún avance desde hai anos, cando xa fixemos esta mesma proposta xunto coa planificación do conxunto do sistema educativo do municipio.

O BNG de Arteixo tamén preguntou pola experiencia coa cidadanía en canto á entrega de composteiros, a falta de convenio para a recollida de residuos de aceite e un estudo para que ningún punto xeográfico do noso concello estea sen cobertura de móbil para poder evitar a incomunicación e a inseguridade que produce. O noso traballo segue sendo levar ao pleno e a debate temas importantes para a veciñanza de Arteixo.

O pleno de xaneiro evidenciou a falta de compromiso do PP coa veciñanza de Arteixo