Industria non se compromete a mudar  o proxecto do tendido   eléctrico que afecta ao  sur do concello de Arteixo como demanda o BNG e a poboación afectada

A deputada do BNG, Mercedes Queixas, pregunta sobre o proxecto do tendido eléctrico que atravesa a zona sur do concello de Arteixo.
A deputada do BNG, Mercedes Queixas formulou hoxe unha pregunta ao goberno sobre o proxecto de nova construción do tendido eléctrico que atravesa a zona sur do concello de Arteixo.
Mercedes Queixas lembra que os informes do ano 2015 recomendan un trazado alternativo polo negativo impacto sobre a poboación e o medio ambiente.
Industria non se compromete a mudar  o proxecto do tendido   eléctrico que afecta ao  sur do concello de Arteixo como demanda o BNG e a poboación afectada

A deputada do BNG, Mercedes Queixas formulou hoxe unha pregunta ao goberno sobre o proxecto de nova construción do tendido eléctrico que atravesa a zona sur do concello de Arteixo.

A nacionalista cualificou de “confuso” o proceso dende os seus inicios cun proxecto “sen transparencia” e grandes dificultades para o seu acceso, a pesar da súa publicación no BOP ao que sumou a “falta de información ás persoas afectadas”.

Pola súa parte, a directora Xeral de Planificación enerxética, Paula Uría Traba eludiu comprometerse cun trazado alternativo ao tendido eléctrico alegando que o goberno cínguese á normativa vixente.

Para  a deputada  a resposta da directora Xeral non se corresponde coa realidade e a pandemia incrementou as dificultade para consultar o proxecto, presentar alegación e  comunicacións de tramitación por parte da Xefatura Territorial. “Levamos moito tempo con grandes restricións sobre todo de mobilidade” o que imposibilita acceder a Coruña  para formalizar calquera trámite polo que pediu flexibilidade.

Dende o BNG, recalcou Queixas,  demandamos que se establezan  mecanismos que garantan  a “transparencia, e lectura rigorosa  de todas as alegacións” para tomar as determinacións necesarias que, ao noso xuízo, pasa polo cambio do trazado.

Na súa intervención, Mercedes Queixas tamén preguntou  como pode xustificar o goberno que despois de ser presentados outros trazados alternativos, a Xunta  persista en manter o mesmo trazado a pesar da invasión que provoca na “vida e propiedades das persoas”. Por que non foron estudadas outras variantes? Todo indica, recalcou que é “un trazado que unicamente interesa á empresa encargada da obra”.

A nacionalista lembrou que os “informes do ano 2015” recomendaban outro trazado polo alto número de trazados eléctricos xa  existentes na zona entre os que destacou o Polígono de Sabón. Non estamos nun lugar no que haxa que empezar de cero en instalacións eléctricas, dende o BNG non entendemos “a teima” do goberno por manter un trazado prexudicial para a poboación, reiterou.

A directora Xeral de Planificación Paula Uría Traba,  explicou que  a liña de alta tensión é unha liña  de evacuación de enerxía eléctrica e o punto de vertido está regulado por unha normativa estatal e  anunciou que todas as alegacións recibidas “serán avaliadas” e se o proxecto non se axusta á normativa técnica, ambiental e urbanísticas, “o proxecto sería rexeitado”, afirmou.

A deputada do BNG lembrou que a liña eléctrica conta con 13.600 metros de tendido aéreo , 47 torres de alta tensión de 42 metros de altura e afecta a unha zona reservada da Biosfera e zonas de humedais como Sisalde ou Barrañán, ademais de humedais costeiros da rede natura na Costa da morte. Para a deputada, a afección da liña eléctrica merece unha reflexión do goberno galego e a necesidade dun cambio de trazado. Neste sentido, avanzou que o BNG permanecerá alerta sobre as decisións da Xunta tras valorar as alegacións e seguirá reclamando un trazado alternativo amplamente demandado pola poboación afectada.

Industria non se compromete a mudar  o proxecto do tendido   eléctrico que afecta ao  sur do concello de Arteixo como demanda o BNG e a poboación afectada