Guía para non perderse na reclamación dos recibos da auga
Pasos a seguir para comprobar os recibos da taxa da auga, sumidoiros, bens e canon da Xunta
No BNG continuamos a recibir consultas sobre o tema dos recibos da auga. En xaneiro volvemos chamar a atención sobre o descontrol que hai no Concello de Arteixo co cobro dos recibos da auga, saneamento e lixo, que vén dándose desde o ano 2018.
Pasos a seguir para comprobar os recibos da taxa da auga, sumidoiros, bens e canon da Xunta
1.- Os trimestres teñen que ver coa data da posta en servizo da instalación. Ollo! O recibo é trimestral!
2.- Revisa ben a parte esquerda do recibo, as lecturas do contador e os metros cúbicos facturados.
3.- Hai unha taxa diferente para consumos domésticos e outra para os industriais. Comproba que os prezos do teu domicilio son os domésticos.
Exemplo: Imaxina un consumo de 52 m3 . O prezo que vai aparecer a carón do concepto auga-dispoñibilidade do servizo: 19,02 €. Pero de onde saen? De aquí:
25 m3 x 0,14328 = 3,582 €
26-45 m3 (son 20 m3 x 0,4771= 9,542)
46-52 m3 (son 7 m3 x 0,8416 = 5,8912)
4.- Ocorre igual cos sumidoiros. Teñen unha cota de dispoñibilidade do servizo de 3,6784 € e logo vai por tramos:
Até 25 m3 pagas a 0,10504 €/ m3
De 25-45 m3, o prezo é de 0,29 €/ m3
De 45-90 m3, o prezo é de 0,3883 €/ m3
De máis de 90, o prezo é de 0,5827 €/ m3
Polo tanto, no caso anterior quedaría un consumo de 52 metros cúbicos cun prezo variábel de 10,1161 €, que sairían da seguinte operación:
25 m3 x 0,10504= 2,626 €
20 m3 x 0,2386= 4,772 €
7 m3 x 0,3883=2,7181 €
5.- A taxa da Edar de Bens tamén ten un fixo e un variábel, así como tamén o Canon da auga da Xunta. Neste caso, por defecto, calculan que na vivenda hai tres persoas. Se sodes máis tedes que cubrir unha documentación que o acredite. No caso anterior, habería un aforro de uns 3 euros no trimestre. Comproba na calculadora.
6.- Se consideras que o consumo é demasiado alto podes comprobar se tes unha fuga na vivenda. Se non é así e segue parecéndoche alto tamén podes pedir que verifiquen o contador. Pode ter algún problema!
7.- Lembra mirar ben os recibos e comprobar o período de lectura do contador da última.
8.- Se non tes os recibos, podes pedilos ao correo [email protected] (e tamén un histórico de consumo).
9.- Hai 1 mes para reclamar aínda que che cobren o recibo no banco ou chegue a carta para ir pagar.
Se te queres poñer en contacto co BNG de Arteixo podes facelo no whatsapp do número 627 981 312 e intentaremos axudarche.