Descarga as alegacións do BNG ao proxecto de alta tensión en Arteixo
Asina as alegacións e preséntaas antes do 26 de marzo.
22 mar. 2021 - 20:36
O BNG redactou unhas alegacións tipo para que tanto veciñanza en xeral como as persoas propietarias presenten en contra do proxecto de liña de alta tensión. Este pretende conectar Monteagudo e o polígono de Morás atravesando a zona sur do Concello de Arteixo, á que afectaría social e medioambientalmente.
Descarga aquí:
Alegacións para veciñanza en xeral
Unha vez cubertas e asinadas, hai que rexistralas antes deste venres 26 de marzo. Pode facerse en liña nesta ligazón (é preciso contar con certificado dixital ou DNI electrónico) ou presencialmente en calquera rexistro da Administración pública. Podes pedir cita no rexistro do Concello de Arteixo no teléfono 981 60 00 09.