Coñece a Xurxo Couto, o candidato á alcaldía de Arteixo polo BNG
Xurxo Couto (Ferrol, 1965). Licenciado en Historia, especialidade en Arqueoloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como docente en Formación Ocupacional de Mestre Canteiro.
Como canteiro e arqueólogo, ten participado en proxectos de excavación, consolidación e limpeza do patrimonio. Por exemplo, Castro de Borneiro, Castro de Pantín, Mámoas de Dumbría, Pedra Formosa en Castro de Espasante, ou máis recentemente no Dolmen de Dombate e no Castro de Laxe así como no xacemento arqueolóxico de Pena Furada en Coirós.
Vinculado desde moi novo ao asociacionismo, é socio - fundador da Asociación Cultural Monte da Estrela, onde participou na organización de eventos (xornadas de patrimonio, concertos, charlas, camiñadas culturais) e edición de libros. Na actualidade, continúa traballando no eido da cultura, unha das súas paixóns.
Entre as súas afeccións, ademais do patrimonio e a cultura en xeral, destacan o taekwondo deporte, o xadrez, a música e viaxar.