O Concello aprobará a bonificación do 95% para os invernadoiros demandada polo BNG

_MG_1920
O BNG de Arteixo celebrou o pasado 15 de marzo unha xornada para o sector da horticultura.

O BNG de Arteixo solicitou esta bonificación no pleno de xaneiro. Na comisión celebrada hoxe, a portavoz municipal do BNG, Silvia Seixas, pediu a revisión doutras ordenanzas fiscais.

O Concello aprobará a bonificación do 95% para os invernadoiros demandada polo BNG

 O Concello de Arteixo aprobará no vindeiro pleno do martes 30 de abril a modificación da ordenanza fiscal número 4 de Construcións, Instalacións e Obras coa inclusión da bonificación do 95% para a instalación de invernadoiros en Arteixo.

Esta foi unha solicitude dos nacionalistas no pleno ordinario de xaneiro de 2019, cando se aprobou a adhesión ao convenio "Doing Business" da Xunta de Galicia pola que se bonificaba ás empresas para que se instalaran no termo municipal de Arteixo.

Desde o BNG de Arteixo recibimos con satisfacción esta modificación, pois era unha revisión que viñamos reclamando posto que non entendiamos que o sector da horticultura local tivese que pagar unhas taxas tan elevadas polas licenzas de instalación de invernadoiros.

A discriminación nesta ordenanza fiscal foi un dos temas tratados na xornada "A invisibilidade da horticultura profesional" que organizamos desde o BNG de Arteixo o pasado mes de marzo e na que escoitamos e fixemos visible os atrancos e problemas do sector en Arteixo e na comarca.

Revisión das ordenanzas fiscais

A portavoz municipal do BNG, Silvia Seixas, solicitou na comisión de pleno celebrada hoxe a revisión doutras ordenanzas fiscais para actualizadas ao contexto económico e social actual. Hai ordenanzas con trato discriminatorio, como pode ser a da auga. Esta favorece a grandes empresas e prexudica a pequenos autónomos como librerías ou salóns de beleza.

Desde o BNG de Arteixo seguiremos traballando por mellorar as ordenanzas fiscais, adaptalas á situación actual para que sexan máis equitativas e xustas.

 

O Concello aprobará a bonificación do 95% para os invernadoiros demandada polo BNG