O BNG volve pedir celeridade no proxecto de conexión ferroviaria ao porto exterior
Tras coñecer a noticia de que o Ministerio para a Transición Ecolóxica deu o visto e prace definitivo á prórroga por dous anos da Declaración de Impacto Ambiental do proxecto de enlace ferroviario do porto exterior, o BNG de Arteixo quere recordar que o tren do porto exterior é fundamental para o seu desenvolvemento así como para a creación de riqueza en Arteixo e no resto da comarca. Os nacionalistas levaron diferentes mocións e preguntas ao pleno sobre o tema.
Con respecto a este proxecto de conexión ferroviaria, son moitos os trámites que aínda quedan por facer e por iso pide a maior celeridade para a súa execución. O BNG non quere que volva ocorrer o desta vez, que houbo que prorrogar a Declaración de Impacto Ambiental que databa de 2017. Ademais, esta prórroga é de 2 anos, tempo que o BNG considera demasiado. Por iso, desde o BNG solicitan rapidez nos trámites para non consumir estes dous anos a maiores. Hai consenso sobre o feito de ser unha obra esencial, porén, case se dexia caducar a Declaración. O BNG agarda que agora non se demoren os prazos e a obra se poida licitar a finais desde 2021.