O BNG trasladará ao Concello as necesidades da veciñanza do Rañal
A primeira xuntanza parroquial do BNG de Arteixo deste 2022 foi na Aula Móbil do Rañal. A veciñanza que asistiu indicou diferentes inquedanzas que os nacionalistas trasladarán ao goberno local.
- Solución ao aparcamento de camións do polígono. O habilitado en Morás aínda non está operativo e non sabemos cando estará.
- Problema de seguridade cos "botellóns" que se levan a cabo no Rañal e que supoñen un ir e vir de coches que nalgúns casos deterioran o mobiliario urbano (exemplo: portería do campo de fútbol).
- A depuradora non traballa ben e verte residuos ao río.
- Cheiro procedente das plantas químicas do polígono industrial próximas ao núcleo, coa contaminación que provoca e afectando ás colleitas dalgúns veciños.
- Falta de contenedores do lixo para poder reciclar en certas zonas.
- Beirarrúas na Avenida da Moda (un reclamo xa histórico pola nosa parte). Hai que lembrar que o polígono de Sabón é do Concello.
- Necesidade de sanitarios portátiles para o paseo marítimo.