O BNG solicita obras de mantemento das estradas provinciais en Arteixo

O BNG de Arteixo xa levou ao pleno de outubro de 2020 o tema da estrada da Catuxa polo tema da velocidade e accidentes.
O BNG de Arteixo xa levou ao pleno de outubro de 2020 o tema da estrada da Catuxa polo tema da velocidade e accidentes.
Xurxo Couto mantivo unha xuntanza con Vías e Obras da Deputación da Coruña hai dúas semanas para tratar diversas obras de mantemento de estradas provinciais en Arteixo.
O BNG solicita obras de mantemento das estradas provinciais en Arteixo

Xurxo Couto, portavoz do BNG en Arteixo e deputado provincial de Cultura, mantivo unha xuntanza con Vías e Obras da Deputación da Coruña hai dúas semanas para tratar diversas obras de mantemento de estradas provinciais en Arteixo: a estrada de Suevos DP 0503 e a da Catuxa DP 0512.

Dunha banda, Couto falou da necesidade de acometer obras de acondicionamento e limpeza da estrada provincial que pasa por Suevos, a DP0503. Neste sentido, tamén se vai dirixir ao Concello de Arteixo para pedirlle que revise o sistema de saneamento e pluviais, xa que á altura de onde está o sinal de Km 2 hai sempre un verquido que fai moi perigosa a circulación e que está ocasionando destrozos no asfalto da estrada. Nesta liña, o servizo da Deputación vai facer unha valoración da situación da estrada para ver que melloras precisa.

Doutra banda, tamén Couto tamén tratou sobre a necesidade de acometer obras de mellora na estrada que vai desde Arteixo a Caión  (DP 0512) na zona do desvío e rotonda de subida á Portela en dirección Barrañán. O BNG xa trasladara esta necesidade tanto ao Concello de Arteixo como á Deputación hai algúns anos e, o pasado mes de outubro de 2020, levou ao pleno da corporación municipal esta mesma actuación pois, por mor do exceso de velocidade con que baixan os coches, nese punto xa teñen ocorrido accidentes. O servizo de vías e obras da Deputación comprometeuse co portavoz do BNG en Arteixo a recollelo no plan de conservación do ano 2021 e no próximo mes de xaneiro ou febreiro estará redactado o proxecto para aprobarse en pleno.

O BNG solicita obras de mantemento das estradas provinciais en Arteixo