O BNG solicita o acondicionamento do camiño de Sabón até Figueiroa
O BNG de Arteixo xa ten denunciado noutras dúas ocasións o estado do camiño que vai desde o Polígono de Sabón até Figueiroa (por detrás das naves de Vázquez Rei).
Agora, esta semana, o BNG rexistrou unha solicitude para que, de xeito urxente, se acondicione o camiño e se controle o paso constante de camións para que non volva acontecer e que se manteña nunhas condición mínimas e óptimas
O camiño, a pesar de levar moitos anos feito de terra, sempre foi transitable, tanto para as persoas que a diario pasan camiñando como para os coches que se dirixen ás praias, á fonte, a Figueiroa… Non obstante, desde xa hai tempo leva nun estado lamentábel sen que o Concello faga nada por poñerlle solución. Ademais, cada día está peor co paso constante de camións.