O BNG reunirase coa veciñanza de Loureda e Meicende en marzo
Os nacionalistas continúan cos encontros parroquiais a próxima semana: luns 14 no Foxo e xoves 17 en Meicende.
09 mar. 2022 - 12:08
O BNG de Arteixo comezou a finais de 2021 a celebrar diversos encontros parroquiais por Arteixo. Trátase de reunións abertas coa veciñanza de cada lugar para coñecer de primeira man as súas inquedanzas, compartir solicitudes de mellora e reflexionar sobre as necesidades de todos.
As dúas seguintes citas son:
Luns 14 de marzo (20h), no Centro Social do Foxo (Loureda)
Xoves 17 de marzo (20h), no Centro Social de Meicende