O BNG reunirase coa veciñanza para falar do proxecto eólico do Carboeiro
O BNG de Arteixo conseguiu aprobar no pasado pleno de maio a moción para a esixencia dun modelo eólico sostible e non depredador de Galiza. Esta moción estaba relacionada, ademais, co rogo sobre a situación do parque eólico de Carboeiro.
Este proxecto afecta a parte do territorio do municipio arteixán e a veciñanza ten agora menos dun mes para poder presentar alegacións sobre a instalación do parque eólico nas súas propiedades. Segundo confirmou o goberno no pleno, o Concello de Arteixo tamén vai alegar e acordouse convocar unha Xunta de Portavoces para tratar este tema.
Co fin de dar a coñecer o proxecto e asesorar a veciñanza, o BNG celebra un acto público de libre asistencia para comentar como este proxecto eólico do Carboeiro afectará a Arteixo e tamén abordar a necesidade dun modelo eólico sustentable, xusto e con beneficios para Galiza en tanto o territorio sofre un importante impacto ambiental.
O acto será o venres 10 de xuño, ás 19.30h, na sala de exposicións do Centro Cívico de Arteixo.