O BNG preguntará no Parlamento sobre a restitución do Castro Cociñadoiro en Arteixo

O Castro Cociñadoiro atópase destruído debido ás obras de Punta Langosteira.
O Castro Cociñadoiro atópase destruído debido ás obras de Punta Langosteira.

A débeda con Arteixo da Autoridade Portuaria é moi clara, pois en 2012 tiña que estar construído o Centro de Interpretación do Castro.

O BNG preguntará no Parlamento sobre a restitución do Castro Cociñadoiro en Arteixo

O BNG preguntará no Parlamento sobre a restitución do Castro Cociñadoiro ou Punta de Muros (Arteixo-A Coruña), que se atopa destruído como consecuencia da construción do complexo portuario de Punta Langosteira.

O BNG leva ao Parlamento esta situación para que o Parlamento inste á Xunta de Galiza a demandar do goberno do Estado o cumprimento do compromiso de construción do Centro de Interpretación do Castro Cociñadoiro de Arteixo (A Coruña) para aloxar os materiais arqueolóxicos aparecidos no xacemento durante as obras do porto exterior de Punta Langosteira e que xa debera estar construído en 2012.

A escavación do Castro Cociñadoiro estaba concluída no verán de 2005, tal e como consta na web do porto exterior. A escavación levouse a cabo con ocultismo pois, durante todo o proceso, non se comunicou nada á comunidade local, científica nin medios sobre o que alí se atopou. Todo se mantivo en silencio, malia coñecerse perfectamente a relevancia do espazo, un dos xacementos máis antigos do noroeste peninsular (século X ao XI a.C.).

Ante a falta de determinación da Xunta de Galiza na defensa do patrimonio que lle é propia, o BNG preguntará se ten coñecemento da localización dos restos e achados do Castro Cociñadoiro de Punta Lagosteira e das tumbas tardorromanas de Rañobre así como do estado de conservación no que se atopan.

Ademais, o BNG preguntará se na Xunta contan co informe do inventario dos materiais aparecidos nas escavacións, se ten pensado solicitar o traspaso de materiais e achados, tanto do Castro Cociñadoiro como das tumbas tardorromanas de Rañobre nos terreos do Porto Exterior, atendendo ao articulado da nosa lexislación sobre patrimonio.

Desde o BNG recordan que a débeda coa sociedade arteixá é clarísima por parte da administración do Estado a través da Autoridade Portuaria, pois en 2012 debería estar construído o Centro de Interpretación onde se deberan aloxar os materiais aparecidos no xacemento. A este respecto, queremos saber se a Xunta de Galiza vai reivindicar ante o Estado a construción do dito museo e se teñen mantido conversas neste sentido.

 

O BNG preguntará no Parlamento sobre a restitución do Castro Cociñadoiro en Arteixo