O BNG poñerá en marcha unha Casa da Muller en Arteixo

ARTEIXO-IGUALDADE
Un Arteixo en igualdade
O BNG poñerá en marcha unha Casa da Muller en Arteixo

A Casa da Muller é unha das medidas do programa electoral para loitar contra a violencia de xénero e promover a igualdade.

Violencia de xénero

  • Levantarase unha Casa da Muller, con espazos multifuncionais para diversas actividades.
  • Crearanse servizos de conciliación en horario non lectivo e en todo o tipo de eventos culturais, deportivos etc.
  • Ampliaremos o persoal e dos servizos do Centro de Información á Muller (CIM) e servizo para atender casos de violencia machista durante as 24 horas.
  • Incrementaremos os recursos económicos para formación e información en violencia de xénero, acoso sexual e trata de mulleres.
  • Teremos Puntos Violeta con persoal e rede de voluntariado con formación.

Igualdade e diversidade

  • Funcionará un Consello Municipal das Mulleres como órgano de representación democrático, de natureza consultiva, informativa e asesora.
  • Aprobarase unha ordenanza municipal para a Igualdade e a diversidade
  • Implementaremos obradoiros de diversidade sexual no ámbito educativo e asociativo

Pódese descargar o programa electoral do BNG de Arteixo para as vindeiras eleccións do 26 de maio nesta ligazón.

 

 

O BNG poñerá en marcha unha Casa da Muller en Arteixo