A CONVOCATORIA DAS PRAZAS XA FOI RECORRIDA POLO GRUPO MUNICIPAL NO MES DE DECEMBRO

O BNG pide acceso ao expediente das prazas de 8 condutores de recollida do lixo

42145017_2151135881769309_5157530551627808768_n
42145017_2151135881769309_5157530551627808768_n

O BNG presentou un recurso ás bases o 5 de decembro que a día de hoxe aínda non foi contestado polo Concello de Arteixo.

O BNG pide acceso ao expediente das prazas de 8 condutores de recollida do lixo

Arteixo, 10 de xaneiro de 2019.- O grupo municipal do BNG de Arteixo solicita que se lle dea acceso urxente a toda a  documentación do expediente de concurso-oposición para comprobar se o procedemento se fixo con todas as garantías legais.

Desde o BNG son varias as cuestións que consideran que se deben clarificar, por un lado faise unha convocatoria e xustifícase que é urxente polo que as persoas candidatas só teñen 10 días para presentar a documentación mais logo comprobamos que entre a publicación da listaxe provisional e a definitiva pasou máis dun mes.

Por outro lado a composición do tribunal non se publicou no boletín e atopalo na web é imposíbel polo que descoñecemos se houbo a posibilidade comprobar se a cumpría todos os requisitos legais. Tamén chama a atención nesta convocatoria que o nomeamento do tribunal se fixese unha vez coñecida a listaxe definitiva de aspirantes .

Segundo se nos explicou por parte de varias persoas participantes non hai proba documental dalgún dos exames polo que o BNG pide acceso a todas as probas que se realizaron xa sexan gravacións ou probas escritas así como a acta completa coa valoración de méritos que fixo o tribunal.

Anteriormente o grupo municipal do BNG xa presentou un recurso agardando, concretamente o 5 de decembro, recurso que a día de hoxe aínda non foi contestado polo Concello. Varias son as cuestións que consideramos que incumpren a lexislación vixente, entre elas: non hai ningún suposto legal que ampare a contratación temporal xa que se trata dun servizo que vai ter continuidade tendo en conta que é unha prestación obrigatoria; nesas bases limítase a concorrencia xa que hai unha clara dicriminación na puntuación do concurso se traballas na privada ou na pública aínda que os requisitos son os mesmos nun lado ou no outro; non se puntúan os títulos por créditos e deixase aberta a porta cando se di “ salvo especificación diferente” isto é, a criterio do tribunal unha vez que xa coñecen os candidatos e os currículos o que crea unha indefensión absoluta etc.

Por outro lado a concelleira e o concelleiro do BNG consideran que con esta convocatoria haiun incumprimento a respecto do convenio colectivo aprobado polo concello de Arteixo en 1997 e modificado en 2005, ao crear diferenzas con estes traballadores a respecto doutro persoal laboral do concello sen que se modificase absolutamente nada.

O BNG pide acceso ao expediente das prazas de 8 condutores de recollida do lixo