O BNG pedirá explicacións sobre o inventario de bens municipal

•	O concelleiro de Urbanismo, Alberto Castro, mentiu no pleno de abril ao dicir que o documento está aprobado definitivamente.
O concelleiro de Urbanismo, Alberto Castro, mentiu no pleno de abril ao dicir que o inventario de bens está aprobado definitivamente.
O concelleiro de Urbanismo, Alberto Castro, mentiu no pleno de abril ao dicir que o documento está aprobado definitivamente.
O BNG pedirá explicacións sobre o inventario de bens municipal

No pleno de Arteixo do pasado abril, o BNG preguntou cando ía traer o goberno o inventario de bens municipal a pleno para a súa aprobación definitiva. A esta pregunta, o concelleiro de Urbanismo, Alberto Castro, dixo que o inventario xa está aprobado e publicado. En cambio, desde o BNG consideran que iso non é certo, pois o primeiro documento apróbase no pleno de marzo de 2016 e, a partir de entón, publicouse en abril e comezou o período de alegacións. 

O BNG insiste en que nunca se contestaron as alegacións presentadas -polo propio BNG e tamén outras asociacións veciñais-. Non respostar ás alegacións e non levalo a pleno impide esa aprobación definitiva segundo a lexislación vixente. Polo tanto, non pode estar ese documento publicado na web xa que non é documento final.

O BNG volverá preguntar sobre o tema pois, xa que o goberno do PP considera que o inventario de bens está definitivo, quere saber se entregaron unha copia do documento á administración do Estado e ao goberno autonómico (o artigo 86 do RD lexislativo 781/1986 de 18 de abril polo que se aproba o texto refundido do réxime local e o artigo 32.1 do RBEL establecen o deber de remitir unha copia do inventario á administración do estado e ao goberno autonómico, así como os rectificacións anuais que se produzan), así como se as modificacións feitas foron comunicadas ao Rexistro da Propiedade, tal e como indica a Lei Hipotecaria. 

 

 

O BNG pedirá explicacións sobre o inventario de bens municipal