A MOCIÓN FOI APROBADA POR UNANIMIDADE

O BNG levou ao pleno de novembro a creación dunha rede de puntos seguros contra a violencia machista e para o colectivo LGBTBQI+

25 N
25 N

No pleno do mes de novembro debateuse unha moción para a posta en marcha dun servizo que axude a evitar actos de violencia contra as mulleres e o colectivo LGBTQI+.

 

O BNG levou ao pleno de novembro a creación dunha rede de puntos seguros contra a violencia machista e para o colectivo LGBTBQI+

No pleno do mes de novembro debateuse unha moción para a posta en marcha dun servizo que axuden a evitar actos de violencia contra as mulleres e o colectivo LGBTQI+.

 

“Os datos de violencia no segundo trimestre de 2022 feitos públicos polo Consello Xeral do Poder Xudicial son moi preocupantes, o incremento das denuncias a respecto do ano pasado é significativa, un 9,9% máis polo que as administracións temos a obriga de adoptar decisións para poñer servizos en marcha que axuden na identificación de espazos seguros aos que poder

acudir” indicou Xurxo Couto, portavoz do BNG.

 

No texto da moción o BNG facía fincapé na necesidade de que no concello se ofreza aos diversos locais comerciais a sumarse a iniciativa ofrecéndellos formación, pautas e protocolos de actuación diante de casos de violencias machistas ou actos contra persoas LGBTQI+ e que poidan ao final desa formación ter un identificativo como “punto seguro” que permita a quen o precise a saber onde acudir na procura de axuda.

 

A moción foi aprobada por unanimidade dos grupos municipais que así entenderon importante e necesaria a moción levada a pleno polo BNG de Arteixo instando ao goberno municipal a que impulse a creación dunha Rede de Puntos Seguros contra a violencia machista e/ou contra o colectivo LGBTQ+, promocionando o ofrecemento de locais das condicións axeitadas e procedendo á formación específica en igualdade, violencia de xénero, pautas e protocolos de actuación diante destes casos.

O BNG levou ao pleno de novembro a creación dunha rede de puntos seguros contra a violencia machista e para o colectivo LGBTBQI+