O BNG leva a pleno unha moción sobre a prevención e loita contra a ludopatía

Moción sobre ludopatía.
Moción sobre ludopatía.
Levamos ao pleno ordinario do pasado 28 de novembro de 2019 unha moción sobre a prevención e loita contra a ludopatía.
O BNG leva a pleno unha moción sobre a prevención e loita contra a ludopatía

A proliferación do xogo en Arteixo, como en toda Galiza, representa xa un problema social. Por iso, desde o BNG de Arteixo levamos ao pleno ordinario do pasado 28 de novembro unha moción sobre a prevención e loita contra a ludopatía e outras adicións sen substancia.

Ao redor do xogo hai cifras alarmantes:

  • En Arteixo hai un salón de apostas por cada 16.000 habitantes mentres que en Galiza hai un por cada 17.000 persoas.
  • A idade media da xente que acode a pedir axuda por ludopatía é de 18,2 anos, o que significa que os mozos e mozas comezaron a xogar sendo menores.
  • Existen 3.600 máquinas de apostas en locais de hostalaría: un terzo máis das autorizadas pola Xunta de Galicia.

Tendo presentes estes e outros datos preocupantes, o grupo municipal do BNG propón ao pleno da corporación do Concello de Arteixo os seguintes acordos:

  • Prohibir a publicidade sobre apostas (tanto casas de apostas, apostas en liña e demais formas de xogo) nas instalacións municipais e demais soportes dependentes do Concello de Arteixo.
  • Iniciar desde o Concello unha campaña de sensibilización sobre os efectos que o xogo e a ludopatía ten sobre a vida das persoas e da súa contorna.

Podes descargar a moción que levamos ao pleno do 28 de novembro nesta ligazón.  

 

O BNG leva a pleno unha moción sobre a prevención e loita contra a ludopatía