O BNG leva a pleno o mal estado da rúa Francisca Herrera de Oseiro

Estado abandono da contorna da rúa Francisca Herrera Garrido de Oseiro

Os nacionalistas preguntarán no vindeiro pleno de marzo sobre esta situación que afecta á veciñanza de Oseiro.
O BNG leva a pleno o mal estado da rúa Francisca Herrera de Oseiro

O BNG de Arteixo denuncia o estado abandono da contorna da rúa Francisca Herrera Garrido de Oseiro. O mal estado e falta de coidado dunha das zonas máis habitadas do municipio é total.

O BNG resalta a falta de madeira nos bancos, papeleiras oxidadas, así como as fontes, que son un perigo por se unha persoa se corta. Ademais, é evidente a falta de limpeza, o estado ruinoso dos asfaltados, desaugues cheos de area e tupidos así como tubos de augas e contadores á vista.