O BNG leva a pleno o estado do parque da rúa Uruguay
Os nacionalistas tamén solicitarán obras na descoidada rúa Uruguay.
24 mar. 2022 - 08:56
O BNG de Arteixo preguntará no pleno de marzo sobre o estado do parque das rúas Uruguay e República Dominicana. Tamén solicitará melloras na propia rúa Uruguay, totalmente descoidada e cunha evidente falta de seguridade para as persoas.
A veciñanza quéixase de que o Concello nunca chegou a rematar o parque, que leva sen finalizar dous anos. Ademais, actualmente os aparatos de ximnasia para maiores están fóra de servizo, sen que o goberno do PP os arranxe para o seu uso. O BNG trasladarase esta demanda no vindeiro pleno así que como pedirá que se complete o parque coas zonas para nenos e nenas.