O BNG lamenta que o Concello de Arteixo faga obras que empeoran a situación da veciñanza de Santaia

O Concello ten que volver executar a obra do muro de contención en Santaia e gastar máis de 100.000 euros debido á pésima execución da mesma en 2014, que tivera un gasto de 500.000 euros.
O Concello ten que volver executar a obra do muro de contención en Santaia e gastar máis de 100.000 euros debido á pésima execución da mesma en 2014, que tivera un gasto de 500.000 euros.
As actuais obras de reparación están paradas desde hai uns días debido a que o proxecto non recollía a situación dun regato.
O BNG lamenta que o Concello de Arteixo faga obras que empeoran a situación da veciñanza de Santaia

Hai uns días comezaron as obras do muro de contención en Santaia, unha obra que o Concello ten que volver a facer e volver a gastar máis de 100.000 euros debido a unha pésima execución doutra actuación de 500.000 euros que fixo en 2014. Xa nese momento o BNG denunciara que esa obra fora un despropósito. “Nunha visita que fixemos en 2016 a veciñanza xa falara de que se cambiaran os cursos de auga e que iso provocaba asolagamentos e problemas en vivendas e fincas”, indica Xurxo Couto, portavoz do BNG en Arteixo. “Non pasaron nin sete anos e está todo feito un desastre. Que clase de control se exerce sobre as obras e os cartos públicos por parte do goberno do PP?”, denuncia Couto. O BNG esixe que se adopten responsabilidades por parte dos concelleiros do goberno.

O BNG tamén quere destacar que hai meses que se puxeron denuncias por vertidos constantes na zona, feitos que foron postos en coñecemento de Seprona, Augas de Galicia e Concello de Arteixo. O paso dos anos deu a razón á veciñanza que viu como empeorou a situación do núcleo. Agora hai que volver investir miles de euros para apuntalar o muro de contención que está en perigo de derrubamento. Pero lonxe de tratar de solucionar o problema, o goberno local do PP volve a obviar o regato que hai na zona e que non seu momento xa foi entubado en parte e modificado o seu traxecto. Un regato que nin se recolle no proxecto, o que ocasionou  que a obra estea de novo parada e con polémica, xa que agora estase vendo que na actuación de 2014 as obras foron un despropósito. Segundo parece as augas pluviais quedaron conectadas no propio leito do regato, o que  podería ser a orixe de moitos dos problemas que se ocasionaron até o de agora.

O BNG pide que se fagan proxectos adaptados á realidade da zona de Santaia, que se teñan en conta os leitos de auga que dan servizo á veciñanza e que se actúe para unha correcta separación das pluviais e do saneamento así como para que non haxa filtracións, vertidos nin se asolaguen propiedades.

 

 

O BNG lamenta que o Concello de Arteixo faga obras que empeoran a situación da veciñanza de Santaia