O BNG esixe ao goberno de Arteixo o control sobre os botellóns

Nas últimas fins de semana levan celebrándose botellóns e aglomeracións en Arteixo.
Nas últimas fins de semana levan celebrándose botellóns e aglomeracións en Arteixo.

Nas últimas semanas véñense sucedendo diferentes botellóns na contorna do balneario

O BNG esixe ao goberno de Arteixo o control sobre os botellóns

O BNG de Arteixo esixirá ao goberno que controle os botellóns que se organizan en Arteixo. Moitos son os veciños e veciñas que mostraron a súa indignación pola falta de seguridade que provocan as aglomeracións dos botellóns que se levan desenvolvendo nas últimas fins de semana na contorna da praza do Balneario e da rúa Capela.

Os botellóns non só implican aglomeracións que non deben darse, senón que implican ruídos a altas horas da noite e, pola mañá, rúas cheas de lixo, envases tirados e restos de ouriños e vómitos. Ademais, na última fin de semana houbo unha liorta nas inmediacións do descampado dos Baños na que participaron un bo número de persoas. Era madrugada, cando os bares teñen que pechar á 1 da mañá.

O BNG quere manifestar a súa oposición a permitir que estes botellóns teñan lugar. Así pois, nestes tempos de pandemia, poden supoñer un perigo de rebrote no Concello, que xa ten sufrido bastante pola COVID-19.

Por outra parte, que estes botellóns se estean dando, mostra a clamorosa falta de dirección política no departamento de seguridade do Concello de Arteixo. O concelleiro Sánchez Novo non ten a capacidade para coordinar a policía local, como foi evidente durante moitos momentos desta pandemia, como por exemplo a volta ás aulas.

Por todo isto, o BNG de Arteixo levará a pleno esta problemática para que o goberno local explique a súa deixadez e neglixencia con respecto á seguridade no Concello.

 

 

 

O BNG esixe ao goberno de Arteixo o control sobre os botellóns