O BNG escoita as peticións da veciñanza de Loureda
Onte, luns 14 de marzo, o BNG celebrou no Centro Social do Foxo nun novo encontro coa veciñanza.
A reunión centrouse nas Liñas de Alta Tensión que tanto preocupan a todos e, en especial, en Loureda, pois atravesarían as súas propiedades e aínda están á espera de noticias. A raíz disto falouse da proposta do BNG de Arteixo para que se subvencione a colocación de fotovoltaicas e paneis solares nas vivendas daqueles que o solicitasen.
Ademais, as persoas afectadas polas voaduras do polígono industrial de Morás pediu contactar coas persoas oportunas para reclamar e isto xa o fixo o BNG esta mañá.
Outro tema que no futuro pode afectar á parroquia é a construcción dun colexio na Ponte do Va, lugar de entrada á parroquia. Veríanse afectados pola multiplicación de tráfico na zona. O que quere a veciñanza é que que se planifique moi ben. Para iso, o plan xeral de ordenación urbana é fundamental.
En canto á recollida de residuos, a falta de reciclaxe é moi evidente, posto que faltan contedores para poder facelo e os veciños teñen que traslardarse moito para tirar o lixo.
Finalmente, solicitáronnos tamén reclamar ao Concello áreas de recreo con xogos infantís e zonas deportivas para que a xuventude de Loureda non teña que desprazarse ao centro de Arteixo. Así o fará o BNG, na súa firme intención de darlles vida ás parroquias.