O BNG denuncia a situación de abandono da praza de Barrionovo na Pastoriza

•	O centro social de Barrionovo, ao carón da praza, vese afectado por esta situación lamentábel.
• O centro social de Barrionovo, ao carón da praza, vese afectado por esta situación lamentábel.

Non é tolerábel que a praza leve desde 2010 sen solución por parte do goberno do PP.

O BNG denuncia a situación de abandono da praza de Barrionovo na Pastoriza

O BNG de Arteixo denuncia a lamentábel situación da praza situada na UA 27, ao lado do centro social de Barrionovo na Pastoriza. A praza é un despropósito desde a súa construción (polémicas por diversos problemas urbanísticos, incumprimentos…) pero, en pleno 2021, non é tolerábel que leve máis de 10 anos sen ningunha solución, algo que o BNG xa alertou en diferentes ocasións.

A praza leva pechada desde o 2010, cando se adoptou esta decisión por mor do perigo que supoñía. Agora, o certo é que a situación do espazo é lamentábel e dun abandono absoluto. Ademais, ten un centro social ao seu carón que se ve tamén afectado por esta situación vergoñenta.

En 2011, xa co actual goberno do PP de Calvelo, afirmouse que se estaba intentando buscar a empresa pero que fora imposíbel. En 2013 houbo o compromiso por parte do goberno municipal de buscar unha solución. En 2016, logo dunha pregunta do BNG o concelleiro de urbanismo, Alberto Castro, afirmou que a “situación era complexa” pero que había que adoptar medidas.  Non se fixo nada. No orzamento de 2019 aparecía unha partida orzamentaria para facer obras que non se fixeron, sen que tampouco se explicaran os motivos. O certo é que a día de hoxe, maio de 202,  o seu estado é de abandono total e o perigo é evidente, tendo en conta que hai vivendas na contorna e un centro social propiedade do Concello de Arteixo.

O BNG volve preocuparse por este tema. Así, vai preguntar se se está buscando algún tipo de solución legal ao problema de urbanización que hai na contorna, que pasos se deron todos estes meses para solucionar a situación e cales son os pasos para solucionar o problema urbanístico que ten o espazo.

 

O BNG denuncia a situación de abandono da praza de Barrionovo na Pastoriza