O BNG creará un Centro de Desenvolvemento e Formación e un polígono agrario en Arteixo

ARTEIXO-TRABALLAR
Un Arteixo para traballar apostando polo emprego de calidade e das persoas en risco de exclusión.
O BNG creará un Centro de Desenvolvemento e Formación e un polígono agrario en Arteixo

No apartado "Un Arteixo para Traballar" inclúense medidas de emprego e promoción económica, así como dinamización do rural, do sector agrario e do turismo.

 Emprego e actividade económica

  • Poremos en marcha un Centro de Desenvolvemento e Formación e faremos que se reconverta o agora Centro de Formación Ocupacional. Haberá un equipo técnico en desenvolvemento local que se verá incrementado con persoal especializado en igualdade e diversidade funcional.
  • Crearemos un viveiro de empresas no Polígono de Sabón e Morás. O obxectivo é favorecermos as novas iniciativas empresarias con locais a baixo custo e asesoramento.
  • Construiremos unha rede de empresas comprometidas coa inserción laboral daqueles colectivos máis vulnerábeis e desprotexidos. Esta rede traballará mediante convenios a prol da igualdade de oportunidades.
  • Elaboraremos un plano de emprego cun programa de seguimento da populación desempregada e con especial atención aos colectivos máis afectados (mocidade, mulleres, paradas e parados de longa duración etc.).
  • Crearemos un centro de modernización e inclusión tecnolóxica (CeMIT).

Rural e sector agrario

  • Xeraremos un Polígono Agrario que permitiría pór a producir terreo que hoxe está abandonado e facilitar que as persoas que se dedican a este sector poidan dispor de facilidades para desenvolveren os seus proxectos e actividades.
  • Elaboraremos unha marca de calidade dos nosos produtos da horta arteixá.
  • Crearemos unha feira trimestral de artesanía e horta de produtos locais nos sábados durante todo o día que vaia acompañada dunha programación cultural. Nesta liña haberá unha feira anual con ampla difusión

Turismo

  • Potenciaremos o atractivo do noso concello canto a Patrimonio, Cultura e Ambiente con roteiros que poñan en valor a nosa riqueza, mais sempre velando por unha actividade que a respecte, protexa e preserve.
  • Atraeremos eventos deportivos, culturais e ambientais para fomentaren a chegada de xente ao noso municipio.
  • Aproveitaremos o patrimonio arquitectónico en desuso como factor de atracción turística.
  • Utilizaranse as novas tecnoloxías para a promoción e posta en valor do concello (realidade virtual, aumentada etc.).

Pódese descargar o programa electoral do BNG de Arteixo para as vindeiras eleccións do 26 de maio nesta ligazón.

 

O BNG creará un Centro de Desenvolvemento e Formación e un polígono agrario en Arteixo