O BNG construirá a Casa da Mocidade, das Artes e da Música poñendo Arteixo como referente cultural
11 maio 2019 - 21:50
As medidas de cultura e patrimonio están enmarcadas no apartado "Un Arteixo para as persoas" do programa.
Cultura e patrimonio
- Construirase a Casa da Mocidade, das Artes e da Música. Este espazo estará autoxestionado en parte polo propio Consello da Mocidade. Nese espazo localizaranse Escola de Música e os locais de ensaio. Os e as artistas locais poderán ter un lugar para desenvolveren a súa actividade, ben como a banda de música, que disporá dun local de ensaio estábel.
- Definiremos unha programación para a Casa da Mocidade, das Artes e da Música: proxección de cinema, curtas, series e contidos dixitais.
- Proxectaranse actividades na rúa cunha programación anual e para todos os espazos urbanos.
- Elaboraremos unha programación anual específica para os centros culturais das parroquias en que as veciñas e veciños e as entidades representativas tiveren voz e voto.
- Crearemos na organización municipal un servizo de Patrimonio, Historia e Memoria.
- Comprometémonos cun proceso de protección, conservación, uso e promoción do patrimonio local. Consideramos o patrimonio oral e inmaterial como unha parte fundamental da nosa historia e, por tanto, traballaremos na súa conservación, divulgación e desfrute.
- Faremos da investigación da historia local será un eixo fundamental da nosa acción de goberno e apoiarémola con recursos técnicos e económicos.
- Promocionaranse e potenciaranse as festas xa asentadas, promovendo unha maior participación das entidades asociativas locais, as cales axudarán na programación e organización dos eventos: Feira Histórica, Festival de Sisalde, San Miguel de Pastoriza etc.
Pódese descargar o programa electoral do BNG de Arteixo para as vindeiras eleccións do 26 de maio nesta ligazón.