O BNG de Arteixo vota a favor de poñer fin ao conflito xudicial pola disolución de Augarsa
O BNG pediu que os cartos da indemnización repercutan na veciñanza do municipio. “Agardamos que sexa investida para dotar os centros sociais de servizos, contidos e actividades culturais, e tamén na medida que as competencias o permitan, na creación de emprego”, explicou o concelleiro Raúl Fernández.
Os nacionalistas insisten unha vez máis que na falta de criterio do goberno local do PP, pois queda demostrada no acordo. O PP pedía inicialmente no proceso xudicial 26 millóns e agora di que 7,5 millóns é o mellor acordo. O BNG non entende por que, tendo os informes técnicos de Secretaría e Intervención así como a recomendación do avogado do Concello, houbo que agardar a que Aqualia propuxera este acordo final. O goberno de Calvelo sabía que a cifra que pedían era impensable, sobre todo cando a xuíza tamén acusa ao Concello de ter parte de culpa por non vixiar á empresa privada.
Pódese ver a intervención do BNG nesta ligazón (minutos 4'48" e 29'30").